Parque eólico Mondigo · Recursos de Galicia
  • O PARQUE DE MONDIGO
  • RDG
  • CONTACTO
  • WEB RDG
  • Galego
    • Español

Os nosos recursos, ao teu servizo

En Recursos de Galicia traballamos por un modelo enerxético xusto e útil para as persoas. O parque eólico de Mondigo, na Mariña Oriental, é o primeiro activo renovable de RDG e, por tanto, o primeiro onde podemos aplicar a nosa política de reversión do beneficio no territorio a través do programa Mondigo Beneficia.

MONDIGO BENEFICIA
Eolico en Mondigo

O parque de Mondigo

O parque eólico de Mondigo é unha instalación moderna, composta por 11 aeroxeradores, situado no teu entorno máis próximo.

Vivir preto de Mondigo ten beneficios.

O programa Mondigo Beneficia nace co fin de contribuír a que o desenvolvemento enerxético teña retorno social, o que suporá, entre outras medidas, que a veciñanza do parque poderá pagar menos polo seu consumo eléctrico.

A través da colaboración das comercializadoras de electricidade que se adhiran ao programa Mondigo Beneficia, aplicaráselle á veciñanza que acceda a este programa un desconto do 80 % do custo do seu consumo, cun tope máximo anual que será fixado conforme se indica nas Condicións Particulares. Non podemos intervir en partes do recibo coma os impostos, as peaxes ou outros cargos, pero si é posible facelo recortando o custo do consumo enerxético. E para que sexa unha realidade, a nosa división de produción de enerxía, RDG Xeración pagaralle á túa comercializadora os cartos necesarios para que ela faga o desconto directo nas facturas.

MAPA COA ZONA BENEFICIADA

Condicións para acceder a Mondigo Beneficia:

  • Formar parte da zona delimitada para ter dereito á bonificación. [1]
  • Ter contratada a subministración de electricidade cunha comercializadora adherida ao programa Mondigo Beneficia.
  • Manterte ao día no pagamento das facturas de electricidade.
  • Facer a túa propia contribución á competitividade dos prezos enerxéticos contratando a túa electricidade a prezos de mercado.
  • Informarnos de calquera cambio nas condicións anteriores.
  • Presentar a túa solicitude a través do formulario que atopas nesta web e aceptar as Condicións Particulares do programa.

Unha vez solicites o acceso ao programa Mondigo Beneficia, revisaremos a túa solicitude e contactarémoste para confirmarche que xa formas parte del.

Dende a data da túa solicitude acumularás o teu desconto, que se manterá ata o momento no que RDG Xeración poña fin ao programa. [2]

Accede ao formulario e solicita o teu aforro

RDG Xeración resérvase o dereito a fixar a zona en cada momento para garantir que sexa viable, aínda que os clientes adheridos ao programa manterán o seu dereito mentres o programa estea en vigor.

RDG Xeración resérvase o dereito a por fin ao programa se, por circunstancias da súa viabilidade, fose imposible mantelo.

Fai clic para activar o zoom no mapa

Solicita o teu aforro

    Tes dúbidas?

    Canto me van bonificar?

    RDG bonificará o 80 % do teu consumo, cun tope calculado sobre o 80 % do teu consumo eléctrico nos últimos 12 meses. Polo de agora, RDG Xeración reservará os cartos para que, no momento no que o programa Mondigo Beneficia estea completamente operativo, a túa comercializadora faga o desconto, polo teu consumo dende o momento que presentaches a solicitude.

    Cando recibirei o pago?

    Tan pronto como sexa posible. Estamos a traballar para que as comercializadoras confirmen se desexan traballar connosco; e tamén a nosa división de comercialización, “RDG Comercializadora” está dando pasos, porque ela estará adherida ao programa Mondigo Beneficia.

    A doazón que recibo a través do programa Mondigo Beneficia obrígame a algo?

    Non, unha vez que sexas parte de Mondigo Beneficia, só tes que permanecer nel para seguir pagando menos polo consumo da luz e estar ao día no pagamento das facturas de electricidade.

    Recursos de Galicia (RDG) nace co obxectivo de:

    Abaratar a factura da luz

    Impulsar a transición enerxética

    Reforzar a autonomía estratéxica de Galicia

    Garantir que os nosos recursos naturais teñan retorno social e local

    Contacto

    Se precisas falar connosco podes:

    Chamarnos por teléfono

    de luns a venres de 9:00 a 14:00.

    604 012 723

    Enviarnos un correo electrónico

    ola@rdgmondigo.gal
    @2023 RDG – Recursos de Galicia. Todos os dereitos reservados. Política de privacidade. Compromiso coa protección de datos persoais. Política de cookies
    ↑
    Xestión do consentimento de cookies
    Benvida/o á información básica sobre as cookies da páxina web responsabilidade da entidade:

    SOCIEDADE PARA O APROVEITAMENTO SOSTIBLE DE RECURSOS NATURAIS DE GALICIA RDG SA

    Unha cookie ou cookie informática é un pequeno ficheiro de información que se garda no seu ordenador, teléfono intelixente ou tableta cada vez que visita o noso sitio web. Algunhas cookies son nosas e outras pertencen a empresas externas que prestan servizos para o noso sitio web.

    As cookies poden ser de varios tipos: as cookies técnicas son necesarias para que o noso sitio web funcione, non precisan da túa autorización e son as únicas que temos activadas por defecto.

    O resto de cookies serven para mellorar a nosa páxina, para personalizala en función das súas preferencias ou para mostrarlle publicidade adaptada ás súas buscas, gustos e intereses persoais. Podes aceptar todas estas cookies premendo o botón ACEPTAR, rexeitalas premendo o botón REXEITAR ou configuralas facendo clic na sección CONFIGURACIÓN DE COOKIES.

    Se queres máis información, consulta a POLÍTICA DE COOKIES na nosa páxina web.
    Cookies técnicas necesarias Sempre activo
    As cookies técnicas son estritamente necesarias para que o noso sitio web funcione e para que poidas navegar por el. Este tipo de cookies son aquelas que, por exemplo, nos permiten identificarte, darche acceso a determinadas partes restrinxidas da páxina se é necesario, ou lembrar diferentes opcións ou servizos xa seleccionados por ti, como as túas preferencias de privacidade. Polo tanto, están activados por defecto e non é necesaria a túa autorización a este respecto.
    A través da configuración do seu navegador, pode bloquear ou alertar da presenza deste tipo de cookies, aínda que o devandito bloqueo afectará ao correcto funcionamento das distintas funcionalidades da nosa web.
    Preferences
    The technical storage or access is necessary for the legitimate purpose of storing preferences that are not requested by the subscriber or user.
    Statistics
    The technical storage or access that is used exclusively for statistical purposes. Technical storage or access used solely for anonymous statistical purposes. Without a subpoena, voluntary compliance by your Internet service provider, or additional records from a third party, information stored or retrieved solely for this purpose generally cannot be used to identify you.
    Cookies publicitarias
    As cookies publicitarias permítennos xestionar os espazos publicitarios incluídos na nosa web en función de criterios como o contido que se amosa ou a frecuencia coa que se amosan os anuncios.
    Así, por exemplo, se se lle mostrou o mesmo anuncio varias veces no noso sitio web e non mostrou interese persoal ao facer clic nel, non aparecerá de novo. En resumo, ao activar este tipo de cookies, a publicidade que se mostra na nosa web será máis útil e diversa, e menos repetitiva.
    Pode activar ou desactivar estas cookies marcando a cuadrícula correspondente, estando desactivadas por defecto.
    • Manage options
    • Manage services
    • Manage {vendor_count} vendors
    • Read more about these purposes
    Ver preferencias
    • {title}
    • {title}
    • {title}